09/08/2010
Xornadas de INFORMACION e DEBATE sobre a VACINACION da LINGUA AZUL
Xa fai tempo que dende o Sindicato Labrego Galego estamos alertando dos efectos secundarios no gando logo da inoculación da vacina da lingua azul. O vindeiro martes 7 de setembro terá lugar unha xornada informativa e debate pra abordarmos a problemática desta situación nas nosas explotacións.
A xornada terá lugar no Hotel Congreso en Montouto - Teo. (Estrada de Santiago - A Estrada km. 3.)
PROGRAMA
10,30 H.- Chegada de participantes
10,45 H.- Presentación da xornada
11,00 H.- Efectos da vacina da lingua azul (efectos na saúde dos animais, repercusións económicas nas explotacións,...)
11,30 H.- Debate.
12,30 H.- Situación en Francia. Resposta das gandeiras de dos gandeiros. Actividade da Plataforma.
Ponente: Representante da Confederation Paysanne.
14,00 H. - Xantar
15,30 H.- A plataforma pola libre vacinación da Lingua Azul no Estado Español
16,30 H.- Actividades e traballo de cara a próxima campaña de vacinación.
18,00 H.- Fin da xornada
Información relacionada:
Que está a pasar coa vacina da lingua azul? 29 de Xullo do 2009:
http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=29&i=314
O SLG anima a denunciar os casos de efectos secundarios da vacina da lingua azul e informa da creación dunha plataforma estatal de gandeiras/os afectadas/os.10 de Xuño do 2010
http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=29&i=555
