06/04/2017
Xa temos os modelos de alegación para presentar contra os proxectos da empresa mineira Erimsa en Xanceda
O equipo xurídico do SLG vén de redactar dous modelos de alegación para presentar aos proxectos que a empresa mineira Erimsa pretende levar a cabo en Xanceda (Mesía). Se estás interesad@ en presentar alegacións, ten en conta que o prazo remata o 18 de abril. Para facilitarche os trámites estaremos este xoves e este venres, 6 e 7 de abril, de 19:00 a 21:00 horas, en Casa Mosquera (Xanceda) para asesorar e recoller as alegacións. Despois, até que se peche o prazo, poderedes pasar tamén pola nosa oficina de Ordes (rúa Alfonso Senra 117; teléfono 981 682 908).
Para descargar os modelos de alegación, preme AQUÍ
