27/11/2013
VII Xornadas sobre Viticultura Natural e Biodinámica en Castrelo de Miño
Organizadas polo concello de Castrelo de Miño e o Sindicato Labrego Galego, celebraranse mañá, 28 de novembro, a sétima edición das Xornadas de Viticultura Natural e Biodináimica que, desta vez, correrá a cargo de André Rodrígues Henriques da Silva, enxeñeiro agrónomo e asesor de viticultura ecolóxica e biodinámica.
O evento terá lugar no Náutico de Castrelo de Miño durante todo o día, en horario de 10:00 a 14:00 horas pola mañá, e de 15:30 a 19:30 horas pola tarde, e asistirán ao redor de 30 participantes das 5 denominacións de orixe vinícolas galegas.
