07/05/2009
VENRES 8 de maio: Mobilizacións conxuntas do sector leiteiro en 14 cabeceiras de comarca
En rolda de prensa nacional, celebrada na mañá de hoxe, a voceira e voceiros das organizacións sindicais agrarias e a asociación de cooperativas, deron conta da listaxe das catorce cabeceiras de comarca nas que mañá, venres 8, terán lugar as mobilizacións protagonizadas polo sector leiteiro.
Devanditas accións consistirán maiormente en manifestacións, se ben nalgunhas localizacións as e os asistente levarán a cabo concentracións. As duración total das accións reivindicativas será de dúas horas aproximadamente
Asemade, foi solicitado o peche do comercio local, escolas e servizos públicos e privados nas cabeceiras comarcais onde se visualizarán as reivindicacións. As organizacións agrarias agardamos un forte seguimento desta solicitude de paro na actividade.
A estrutura dos actos reivindicativos, malia a ser flexíbel para a súa mellor adaptación en cada punto desta mobilización nacional descentralizada, contará coas seguintes pautas orientativas para a súa cobertura mediática:
12:00 Inicio da mobilización: manifestación/concentración
12:15/12:30 Toma de declaracións das/os voceiras/os das tres organizacións sindicais e da asociación de cooperativas
13:00 Quenda de intervencións públicas de cada organización
13:30 Lectura do manifesto conxunto (adxunto neste correo)
14:00 Fin da mobilización
**Nos catorce puntos haberá representantes do Sindicato Labrego Galego, aos/ás cales poderedes acudir para obter declaracións ou solicitar o apoio que precisedes (Ex.: se non estades na nosa base de datos, podedes deixarlle ás compañeiras/os os vosos enderezos electrónicos para enviarvos imaxes da mobilización).
| COMARCA | CONTACTO | TLF | LUGAR |
| 1.SARRIA | Luis López Responsábel da comarca de Sarria | 659 735 862 | Manifestación. Comeza: Diante do concello Remata: Diante do concello |
| 2.PALAS | Adolfo Cabarcos, Responsábel da Secretaría de Sectores Gandeiros | 686 304 122 | Manifestación. Comeza: Concello Remata: Praza De Galiza |
| 3.CHANTADA | Ana Rodríguez Responsábel Comarcal de Chantada | 659 057 251 | Manifestación. Comeza: Alameda Remata: Praza do Cantón |
| 4.VILALBA | Lupe Prado, Responsábel do Sector Lácteo
Margarida Prieto Responsábel Comarcal Terra Chá | 685 805 783
659 985 308 | Manifestación. Comeza:Praza da Constitución Remata: Praza da Constitución |
| 5.MEIRA | Isabel Villalba Secretaria de Servizos ao medio rural e soberanía alimentar | 608 905 444 | Manifestación. Comeza: Praza do concello Remata: Praza do concello |
| RIBADEO | Antonio Villarino Coordenador comarcal de A Mariña | 630 970 132 | Manifestación. Comeza: O Xardín, diante do Instituto Gamallo Fierros Remata: Diante do concello |
| 7.ARZÚA | Xulio Fernández Responsábel da zona Arzúa - Melide | 686 936 429 | Concentración con acto de reparto de leite. Praza do concello |
| 8.BETANZOS | Xosé Ramón Cendán, Responsábel Comarcal A Coruña | 619 900 002 | Concentración Praza do Campo/García Hermanos (Intervencións) Saída en manifestación até Praza da Constitución (Lectura manifesto) |
| 9.MELIDE | José Ángel García
| 680 444 391 | Concentración Cantón de San Roque |
| 10.ORDES | Xosé Manuel Calvo Secretario de Ordenación Territorial e Estruturas
CARME FREIRE CRUCES, Secretaria Xeral do SLG | 686 304 118
619 348 426 | MOBILIZACIÓN CENTRAL Manifestación dende a Praza da Feira até diante do Concello de Ordes |
| 11.SANTA COMBA | Lara Barros Responsábel do local de Compostela | 699 924 632 | Manifestación. Saída e chegada diante da Casa da Cultura no Campo da Feira
|
| 12.VIMIANZO | Manuel Cao | 686 552 674 | Concentración Praza do Concello Saída en manifestación |
| 13.A ESTRADA | Marcos Louzao Resposábel Comarcal Tabeirós-Terra de Montes | 659 211 523 | Manifestación Comeza da Praza do Concello Remata Praza Martínez Anido |
| 14.LALÍN | Lídia Senra Rodríguez, Secretaria de Organización do SLG | 609 845 861 | Manifestación Saída Praza da Marina Remata Praza da Igrexa |
VENRES 8: Mobilizacións conxuntas do sector leiteiro en 14 cabeceiras de comarca
