29/04/2009
Valoración da entrevista mantida onte co conselleiro Samuel Juárez Casado
No primeiro encontro mantido por representantes do SLG co Conselleiro de Medio Rural e os Directores Xerais recentemente nomeados (agás o de Montes) valoramos o ton cordial da mesma e a recepción das nosas propostas por parte da CMR. Salientar que o seu compromiso foi estudalas e darnos respostas, máis non tivemos coñecemento nesta xuntanza de ninguna proposta da nova Consellaría nos temas urxentes abertos, leite incluído. Agardamos respostas en breve pois, dada a urxencia e a gravidade dalgunha das cuestión plantexadas.
Proposta de medidas básicas urxentes a abordar pola Consellería do Medio Rural
MEDIDAS TRANSVERSAIS:
- Manter ou recuperar as mesas de negociación dos diferentes sectores ( viño, pataca, leite,carne, castaña
- Retomar o Consello Agrario Galego como órgano de interlocución e consulta para o que foi creado.
Axudas á agrindustria galega ligadas ao sostenemento dos prezos para as explotacións.
Axuda Complementaria do Contrato de Explotación Sustentable: Publicar xa a convocatoria deste ano no marco do CES.
Convocar en anos sucesivos fora do CES.
Aconsellamento:
- Desvinculación das axudas do CES da obrigatoriedade de ter contratados os servizos dunha entidade de aconsellamento. Só é obrigatorio no PDR galego. Supón unha carga económica a maiores para as explotacións que, tendo en conta a situación actual, moitas non están en condicións de asumir.
- Aconsellamento público ás explotacións. As Oficinas Agrarias Comarcais non teñen funcións de asesoramento ás explotacións.
- Aplicación da lei de incendios para que non se siga incumprindo: plantacións en terras agrarias e distancias das plantacións a camiños e fincas colindantes, e que se actue de oficio por parte de quen teñen xa competencias para facer cumprir a lei (Concellos, CMR..)
- SECTORES VEXETAIS
- Horta.
Venda Directa: A Xunta debe garantir o dereito dos horticultores a vender os seus produtos directamente. Aposta e apoio económico por parte da Administración daquelas iniciativas que queiran sair das canles normais de comercialización que usa a gran distribución.
- É imprescindible eliminar a obrigatoriedade a posuir o Rexistro Sanitario para poder vender en mercados de abastos, tendas, e venda directa.
- Control da fraude tanto en envasado como en etiquetado
- Pataca
O contrato homologado actual non vale para o sector. Hai que cambiar un aspecto fundamental e básico: Fixar o prezo da pataca no marco da mesa de negociación.
- É imprescindible reforzar os instrumentos para perseguir a fraude no envasado e etiquetaxe da pataca.
- A Xunta de Galicia ten que vixiar e garantir que a pataca de semente certificada que se importa cumpre coa normativa esixida tanto na IXP como a propia da Comunidade Autónoma de Galiza.
- Viño.
Convocatoria das Mesas do Viño de tódalas Denominacións de Orixe. Teñen que ser as Mesas do Viño de cada D.O. as que acorden o contrato homologado: Tamén sería moi interesante intentar acadar un acordo de contrato na D.O. Monterrei, única no país que aínda non conta con esta ferramenta importante para o sector.
- Posta a disposición dos viticultores e viticultoras os “Dereitos de Plantación da Reserva autonómica de Galicia”.
- Abrir un novo prazo para a regularización dos viñedos “irregulares” (anteriores ó 31 de agosto de 1998).
- Actualización do Rexistro Vitícola en tódalas comarcas de viño.
- Establecer medidas de control para evitar a plantación en montes comunais e en terreos forestais de xeito masivo e indiscriminado.
- 3.SECTORES GANDEIROS.
1.- Sector lácteo
Medidas de competencia autonómica
Renegociación do prazo dos préstamos das explotacións coas entidades financieiras, a intereses 0%, sin que entren a computar nas axudas de MINIMIS.
Habilitar medidas fiscais do tipo “deduccións aplicables á cuantía a pagar” pola Comunidade Autonoma no IRPF do 2.008
- Medidas de competencia non autonómica
Negociar coa administración da Seguridade Social a exención dos pagos da seguridade social mentres dure a situación de crise.
- Negociación a nivel de estado do rebaixe da presión fiscal para as explotacións, tanto en estimación directa como en modulos;
( Exemplo : Rebaixa do módulo para leite e aumento dos gastos de dificil xustificación para estimación directa)
Plantexamento político nas mesas estatais e europeas de negociación para que a crise de prezos que nos afecta non sexa permanente; nese sentido os mecanismos de control da producción e a non liberalización do mercado do leite pensamos que son a clave, xunto con mecanismos que garantan prezos que cubran os costes e o traballo.
- 2.-Sanidade animal
Seguimento exahustivo e un protocolo de actuación transparente naquelas zonas que neste momento está habendo problemas coas análises practicadas nos animais:
- Zona Abadin, problema de Brucelose
Zona Deza e a Estrada, problema de Tuberculose.
Que haxa probas de contraste e todos os animais que se sacrifiquen se lles fagan analisis post-morten, para comprobar e explicar con claridade diante dos gandeiros/as a enfermadade.
- Nos sacrificios obligatorios para erradicación de enfermedades , tanto en bovino, ovino e caprino , que se indemnicen os animais co seu valor real, por exemplo utilizando as tablas de agroseguro.
- Que os pagos se fagan inmediatos e que lles valore a perda de renda a todas as explotacións, fagan vacio sanitario ou non, mediante o lucro cesante.
