vaquinha

03/02/2009

Triunfo do SLG: O MARMA dá marcha atrás na chantaxe de vincular o cobro das axudas da PAC ao asinamento do contrato homologado para o leite

O SLG celebra o triunfo da súa reivindicación para eliminar a chantaxe á que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino (MARMA) pretendía obrigar ás explotacións leiteiras ao esixir, coma condición para cobrar o Pago Adicional das axudas da PAC, a firma do Contrato Homologado para o leite (BOE, 4 outubro 2008).

 

O pasado 17 de novembro o Sindicato Labrego Galego presentou un contencioso para que o Ministerio retirase semellante medida de coacción, que ademais estivo sendo utilizada polas industrias para amedrentar ás explotacións obrigándoas a asinar baixo a presión de non recibir as axudas da PAC. Agora o Ministerio de Medio Rural concédelle a razón ás argumentacións expostas polo SLG.

Felicitamos polo tanto a reconsideración e marcha atrás que o Ministerio fai desta medida e queremos subliñar unha vez máis, diante de toda a opinión pública e dos labregos e labregas en particular, que estas medidas de chantaxe que agora se retiran terán sempre o enfrontamento da nosa organización.