13/07/2009
TRACTORADA POLAS RÚAS DE SANTIAGO e COMPARECENCIA DAS ORGANIZACIÓNS CONVOCANTES Martes 14 de xullo
Mañá, martes día 14 de xullo, e dentro da “Semana en branco pola defensa do sector lácteo”, as organizacións agrarias e cooperativas teñen previsto circular cos tractores, entre as 10:30 e as 13:00, polas rúas de Santiago, partindo da concentración no Mercado de Amio.
O percorrido será o seguinte:
Rúa de Amio – Avda. De Asturias – Avda. Do Cruceiro da Coruña – Rúa San Caetano – Avda. Castelao – Rúa Vista Alegre – Rúa das Salvadas – Rúa de Morón – Rúa das Galeras – Rúa Poza de Bar – Rúa de San Lorenzo – Campo de San Domingos – Avda. Mestre Mateo – Avda. Romero Donallo – Avda. De Lugo – Avda. De Rodríguez de Viguri – Avda. Do Cruceiro da Coruña – Avda. De Asturias – Rúa de Amio – Mercado de Amio.
Ver Tractorada polas rúas de Compostela nun mapa máis grande
Comparecencia das organizacións convovantes.
Lugar: Cambio de sentido na Avenida de Asturias
Data: Martes, 14 de xullo
Hora: 12,30 h.
Tema:
Valoración da mobilización.
Intevirán:
Carme Freire - secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego
Roberto García - secretario xeral de Unións Agrarias
Francisco Bello - secretario xeral de Xóvenes Agricultores
Hixinio Mougán - xerente da Asociación Galega de Cooperativas
