23/09/2011
SLG, UUAA e XXAA úrxenlle ao Conselleiro de Medio Rural a urxente convocatoria da mesa do leite
Responsables dos sindicatos Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e Sindicato Labrego Galego mantiveron unha xuntanza na que analizaron a situación do sector lácteo galego e concluíron que a súa gravidade require unha análise máis en profundidade polo que demandan ao conselleiro de Medio Rural que convoque de xeito inmediato a Mesa do Leite. As tres forzas sindicais coinciden que de non darse esta circunstancia e de seguir a actitude da industria e a distribución cos gandeiros e coas gandeiras de Galiza, se desenvolverán accións contundentes para denunciar a difícil situación que atravesa o sector lácteo.
Nunha carta dirixida ao conselleiro de Medio Rural, as tres organizacións sindicais destacan o difícil momento económico deste piar do rural galego, “agravado polo período de seca que vivimos e o encarecemento dos custos de produción”. Para as organizacións agrarias, agora é o momento de que a Administración autonómica se implique definitivamente na busca de solucións ao sector.
A isto hai que engadir o diferencial cada vez maior entre os prezos do leite que se lles pagan ás explotacións galegas, ás doutras comunidades autónomas e ás do resto da Unión Europea. Así por exemplo, a media do prezo do leite en Galicia deste ano ata o mes de agosto foi de 0,301 euros por litro de leite fronte a Andalucía onde o prezo do litro de leite foi de 0,347 euros; a Asturias onde se pagou a 0,330 euros por litro; e Cataluña cunha media de 0,325 euros por litro de leite.
Na seguinte táboa reflíctense os prezos do leite no segundo trimestre deste ano e dela se despréndese que a presenza de Galicia nos últimos postos en canto ao prezo do litro de leite nos tres meses.
| EVOLUCION DE PRECIOS €/litro (medias ponderadas) 1 |
| |||
| Comunidade Autónoma | Abril | Maio |
| Xuño |
| Andalucía | 0,350 | 0,349 |
| 0,343 |
| Aragón | 0,325 | 0,323 |
| 0,324 |
| Asturias | 0,327 | 0,327 |
| 0,337 |
| Baleares | 0,295 | 0,294 |
| 0,294 |
| Cantabria | 0,303 | 0,302 |
| 0,313 |
| Castela-A Mancha | 0,331 | 0,328 |
| 0,329 |
| Castela e León | 0,316 | 0,315 |
| 0,312 |
| Catalunya | 0,323 | 0,319 |
| 0,333 |
| Extremadura | 0,343 | 0,338 |
| 0,335 |
| Galiza | 0,302 | 0,301 |
| 0,302 |
| Madrid | 0,319 | 0,319 |
| 0,320 |
| Murcia | 0,327 | 0,327 |
| 0,328 |
| Navarra | 0,319 | 0,316 |
| 0,318 |
| Euskadi | 0,321 | 0,318 |
| 0,320 |
| A Rioxa | 0,330 | 0,325 |
| 0,322 |
| C.Valenciana | 0,348 | 0,347 |
| 0,348 |
A isto hai que engadir o diferencial cos prezos europeos que nos sitúan a unha media de 5 céntimos por debaixo en litro de leite.
Para as tres organizacións agrarias, esta situación non é de recibo nunha rama da actividade económica que soporta a poboación e a economía do 80% do territorio de Galicia e nun momento especialmente delicado para a viabilidade e supervivencia das 13.000 explotacións lácteas da comunidade.
1 Datos do Informe de Prezos Abril-Xuño 2011 do MARM.
