A Valedora confirma a persistencia de atrasos nas valoracións das persoas solicitantes de Dependencia e Discapacidade. A Consellaría leva anos sen cumprir os prazos estipulados por Lei, ao non dotar de medios suficientes este servizo esencial
As mulleres asumen case a totalidade dos coidados das persoas dependentes, sobrecarga que se complica no medio rural. Máis do 30% das persoas que abandonan as listas de agarda é por falecemento, e o SAF está a piques de colapsar
Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas (MODEPÉN), Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), Traballadores de Residencias de Galicia (TREGA) e Vellez Digna (Asociación de Familiares e Usuarios de Residencias)secundamos a convocatoria realizada por SOS Sanidade Pública e animamos á cidadanía galega a manifestarse este domingo en Santiago de Compostela. Esiximos unha atención á saúde digna tamén no rural.