29/07/2010
Se isto non se amaña...
Na mañá de hoxe, as tres organizacións agrarias (SLG, XXAA e UUAA), e a asociación galega de cooperativas (AGACA), anunciamos en rolda de prensa que, de non subir o prezo do leite do mes de xullo, haberá mobilizacións do sector leiteiro no vindeiro mes de agosto.

De esq. a der.: Xavier Iglesias (UUAA), Juan Orozco (XXAA), Carme Freire (SLG) e Hixinio Mougán (AGACA) durante a rolda de prensa celebrada hoxe na Galería Sargadelos de Compostela.
Arquivo para descarregar:
Declaracións da Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces, durante a comparecencia de prensa.
