vacandyverde

13/04/2009

Roldas de Prensa SECTOR LEITEIRO: Martes 14, ás 12:00, Carballo

Mañá, martes 14, ás 12,00h, terá lugar en Carballo unha rolda de prensa conxunta do Sindicato Labrego Galego canda as cooperativas do sector leiteiro e as outras dúas organizacións agrarias, co gallo da mobilización estatal que terá lugar o vindeiro xoves 16 de abril en Madrid.

DATA: Martes 14 de Abril

HORA: 12.00

LUGAR: Local da CIG - Rua Rio Sil, 52 - Baixo -Carballo-Bergantiños (A Coruña)

VOCEIROS:

- Xosé Manuel Calvo Rei - Secretario de Ordenación Territorial e Estruturas do SLG.

- Gervasio Lamas - Vicepresidente de COREBER.
- Juan García - Responsable Comarcal de Bergantiños Xóvenes Agricultores.
- Ramon Saaleta - Responsable Comarcal de Bergantiños Unións Agrarias

 

Oberán máis información contactando con:

Xosé Manuel Calvo Rei, 

Secretario de Ordenación Territorial e Estruturas do SLG (TLF: 686 304 118)