02/06/2009
Rolda de Prensa. Sinatura do convenio de colaboración entre o SLG e a Fundación ACIVEGA
Mañá, ás 11,00hrs, no Clube Internacional de Prensa (Santiago de Compostela), presentarase en rolda de prensa o asinamento do convenio de colaboración entre o Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas e a Fundación para o Avance Científico da Veterinaria en Galicia (ACIVEGA).
Este Convenio ten como obxectivo establecer o marco de relacións de colaboración e traballo conxunto entre ambas entidades en todas as áreas de actuación nas que as dúas partes conflúan.
Entre as actuacións comprendidas no marco do presente Convenio poden citarse as seguintes:
-Accións formativas.
-Accións informativas e divulgativas.
-Prestación de servizos.
-Publicación de textos.
-Presentación de propostas comúns diante das Administracións públicas e entidades privadas.
Esta enumeración de actuacións non pretende ser limitativa e está aberta a calquera tipo de actuacións no que ambas as partes estean de acordo e teñan que ver cos seus fins.
