12/03/2010
Rolda de prensa pra presentar o X Concerto da Caravana Galiza non se Vende en Cospeito
O vindeiro luns día 15 de marzo terá lugar no Hotel-Restaurante Terra Chá de Vilalba a rolda presentación do X concerto da Caravana Galiza non se Vende, que terá lugar en Cospeito, onde a veciñanza esta a levar adiante nestes últimos anos unha forte loita contra a extracción de cuarzo que pretende realizar a empresa Erimsa.
A rolda será ás 12:00hrs. no Hostal-Restaurante Terra Chá de Vilalba, e contará coa presencia de
-Carlos Montero, voceiro da Plataforma de asociacións en contra das minas .
-Juan Carlos Andión Río, Presidente da Cooperativa Copacios de Castro de Rei.
-José Rodríguez, Secretario da Cooperativa O Seixo d´A Pastoriza
-Ismael García, Afectado pola concesión mineira e colaborador na organización do concerto.
-Margarida Prieto Ledo, Coordenadora comarcal do Sindicato Labrego Galego n´A Terra Chá
