14/04/2009
Rolda de prensa nacional SECTOR LEITEIRO
Ás 11,00 do mércores 15, no Clube Internacional de Prensa de Santiago de Compostela, terá lugar unha rolda de prensa nacional, logo das comarcais realizadas nestes días, co gallo da mobilización que o vindeiro mércores 16 levará a milleiros de gandeiras e gandeiros da Galiza até Madrid coa finalidade de obter unha resposta política que poña fin á gravísima situación na que se atopa o sector produtor lácteo.

