milk strike 09

20/09/2009

Rolda de Prensa da Coordenadora Europea Vía Campesina (ECVC) Situación da folga do leite en Europa

Mañá, luns 21 de setembro, ás 12:00hrs, no Hotel Congreso de Santiago de Compostela, organizacións integradas na Coordenadora Europea Vía Campesina (1) abordarán en rolda de prensa a actual situación da folga do leite europea, iniciada o pasado 10 de setembro. Actualizada con imaxes e arquivo de audio.

Canda Carme Freire -Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego(2) - e Lídia Senra, Secretaria de Organización e Responsábel de Sectores Gandeiros na Coordenadora Europea Vía Campesina intervirán, a través de videoconferencia, voceiros de organizacións que están apoiando a folga en Europa: René Louail, membro da Confédération Paysanne en Bretaña(3) e do Comité de Coordinación da Coordenadora Europea Vía Campesina, e Uli Jasper, membro da Arbeitsgemeinschaft bäuerliche Landwirtschaft (4) en Alemaña.

(1)SLG : http://www.sindicatolabrego.com/index.php?s=3&i=355

(2)ECVC: http://www.eurovia.org/spip.php?mot1&lang=es

3)CP: http://www.confederationpaysanne.fr

(4)ABL: http://www.abl-ev.de/

 

210909

Reunión da Dirección Nacional do Leite do SLG. Santiago de Compostela 

210909

Lupe Prado -gandeira da Terra Chá e Responsábel do sector leiteiro no SLG- e Carme Freire -produtora

de horta e Secretaria Xeral do SLG-.

 

 

Arquivo de audio

Carme Freire Cruces dá conta dos datos proporcionados polos gandeiros René Louail (Confèdèration Paysanne, da Bretaña francesa) e Ulrich Jasper (Arbeitsgemeinschaft bäuerliche Landwirtschaft, de Alemaña)

Rolda de Prensa da Coordenadora Europea Vía Campesina (ECVC) Situación da folga do leite en Europa