06/05/2009
Rolda comarcal sector leiteiro: Lalín (Deza) e Xuntanza con representantes do comercio local e empresas n´A Estrada
Mañá, xoves 7 de maio, ás 12.30h, terá lugar unha rolda comarcal conxunta do sector leiteiro en Lalín pra dar a coñercer as mobilizacións que terán lugar o vindeiro venres 8. Asemade, á mesma hora, terá lugar un encontro das organizacións agrarias con representantes do comercio local e empresas n´A Estrada.
Rolda conxunta sector leiteiro na comarca d´O Deza:
Data: xoves 7 de maio
Hora: 12:30
Lugar: Centro Social Caixanova
Voceir*s: representantes das organizacións sindicais agrarias e das cooperativas
Reunión con representante do comercio e empresas n´A Estrada:
Data: xoves 7 de maio
Hora: 12:30
Lugar: Local da Asociación Comarcal de Empresari@s d´A Estrada (ACE)
Voceir*s: representantes das organizacións sindicais agrarias e das cooperativas e representantes da Asociación de Comerciantes d´A Estrada e da Asociación de Empresari@s d´A Estrada
