Asento tractor

18/09/2013

Riscos laborais no agro derivados das vibracións

As de baixa frecuencia poden orixinar perda de equilibrio, mareos e vómitos. As comprendidas entre 1 e 80 Hz, que afectan a todo corpo, producen lumbalxias, hernias nos discos intervertebrais, presión de terminacións nerviosas entre vértebras, lesións raquídeas e síntomas neurolóxicos. Por exemplo, en postos de condución. As comprendidas entre 20 e 1500 Hz producen lesións óseas de pulso e cóbado, e alteracións como cambras ou trastornos de sensibilidade na man. Por exemplo, ferramentas manuais, motoserra, etc.

Condicións de prevención e de protección que se deben coñecer

  • As vibracións nos vehículos agrarios son producidas polos motores e as transmisións, e difúndense ao condutor a través do asento, do volante e de outros elementos de mando ou ben polos abaneos propios do estado do terreo (estes son os máis lesivos).

  • Débense estudar e prever actuacións para reducir as vibracións.

  • Evitar a xeración de vibracións cun mantemento axeitado. Por exemplo, a substitución de rodamentos danados, e eliminar folguras.

  • Nunha máquina débense suxeitar fortemente as compoñentes metálicas.

  • Dotar dun bo amortecemento a cabina.

  • Utilizar asentos dotados de amortecemento de resortes, amortecedores o pneumática, que sexan ergonómicos e individualizables.

  • Adaptar a velocidade ao estado do terreo.

  • Realizar un bo mantemento da máquina, carburación, afiado…

  • Dotar as distintas máquinas con empuñaduras de amortecemento nos seus puntos de agarre ou prensión.

  • Suxeitar a ferramenta correctamente pero coa menor forza posible.

Riscos laborais no agro derivados das vibracións