08/11/2009
RdP Luns 9 de novembro: Convocatoria do SLG de cara ás mobilizacións multisectoriais por un prezo xusto para os nosos produtos
Ás 11:30 de mañá, luns 9, a Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces, dará conta das mobilizacións que o Sindicato Labrego Galego levará adiante co gallo das accións reivindicativas multisectoriais convocadas en todo o Estado para os vindeiros 20 e 21 de novembro en aras de demandar solucións á grave crise económica pola que están a atravesar os produtores e produtoras de alimentos.
| DATA | HORA | LUGAR | VOCEIRA |
| Luns 9 | 11:30hrs. | Local Nacional do SLG R/Touro, nº21, 1º Santiago de Compostela | -Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG |
