12/04/2010
RdP da Plataforma Galega Antitransxénicos: situación dos concellos diante das novas solicitudes de cultivo e asistencia á manifestación “NON QUERO TRANSXÉNICOS” o 17 d´abril en Madridl
Mañá, ás 12:00hrs., na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, representantes das organizacións integrantes da Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) valorarán en rolda de prensa a situación dos concellos diante da solicitude de novos cultivos transxénicos, ao tempo que darán conta da participación na manifestación que terá lugar en Madrid o vindeiro sábado 17 de abril e para a cal a PGA está a organizar o transporte dende a Galiza.
