15/09/2013
Prevención de riscos laborais á hora de traballar en invernadoiros e cultivos baixo cuberta
Os invernadoiros constitúen un espazo de traballo que ten as súas particularidades con respecto á agricultura ao aire libre e, polo tanto, uns riscos específicos que convén ter en conta. O exceso de calor, estar arrodeados de material altamente inflamable ou aplicar produtos fitosanitarios tóxicos nun espazo pechado obríganos a adoptar medidas preventivas que anulen posibles efectos nocivos.
Consellos e recomendacións
- Limitar o tempo de permanencia dentro dos invernadoiros ao realmente necesario as horas de menor incidencia da calor.
- Ter unha boa ventilación, natural ou forzada.
- Evitar a utilización continuada de vehículos a motor no interior de nvernadoiros con ventilación deficiente.
- Intentar efectuar os tratamentos fitosanitarios durante as horas menos calorosas do día, sobre todo cando se usa roupa impermeable.
- Evitar a acumulación de materiais combustibles (palés, cartón, broza, plásticos, etc).
- As tarefas de pintado e reparación do plástico de invernadoiros deben realizarse espectando as medidas de seguridade axeitadas para este tipo de traballos (traballos en altura, etc).
Riscos mais habituais
Cortes, rabuñaduras e/ou pinchadas en partes do corpo.
Golpes de calor e déficits de hidratación.
Caídas ao mesmo nivel por chans irregulares ou por gomas de rego en zonas de paso.
Caídas a distinto nivel (especial precaución nos traballos de reparación en alturas).
Os relativos a manipulación e exposición a produtos fitosanitarios.

