Obradoiro mulleres arzúa

25/10/2016

Obradoiros da Secretaría das Mulleres en varias comarcas galegas para coñecérmonos as labregas

A Secretaría das Mulleres vén de iniciar unha serie de obradoiros dirixidos a labregas que, ao longo deste outono, irán desenvolvéndose en diversas localidades de Galiza baixo a coordinación da técnica responsábel do Punto Delas, Rebeca Raso. O primeiro dos cursos celebrouse en Arzúa, o pasado 26 de setembro, baixo o título “Somos máis que corpo-máquina”.

Segundo explicou Rebeca, “neste obradoiro de Arzúa tratamos de reconectar os sentidos e a razón para mellor vivir. Foi un primeiro encontro doutros que pretendemos facer nesta zona”
Os cursos tiveron continuidade en Muxía, o 13 de outubro, cun titulado “Do local ao global: Onde están as mulleres?”. A semana que vén, o 31 de outubro, tocaralle á vila d’A Estrada, o 31 de outubro, cun obradoiro no que se tentará responder á pregunta: “Por que se rebelan as mulleres?”. Dentro da programación, agora mesmo hai previstas actividades semellantes en Betanzos (27 de outubro), Teixeiro (14 de novembro), Chantada (17 de novembro) e O Rosal (2 de decembro).
Se estás interesada en inscribirte nalgún destes obradoiros ou saber máis deles, ponte en contacto coa oficina do SLG na túa comarca e infórmate.
Curso mulleres arzúa Obradoiro labregas arzúa