Enxerto

10/03/2014

O SLG pon en marcha varias actividades formativas gratuítas dirixidas a persoas do norte de Pontevedra

O Sindicato Labrego Galego está a organizar a súa programación formativa de primavera para profesionais da agricultura do norte de Pontevedra. Os cursos terán lugar na Estrada e combinarán as aulas teóricas con saídas de campo prácticas. Trátase de actividades completamente gratuítas e están abertas a tódalas persoas interesadas en facelas, sexan ou non profesionais da agricultura.

De seguido, facilitamos a listaxe:

  1. Iniciación á apicultura: Comezará o vindeiro 16 de marzo e desenvolverase con xornadas até setembro, abarcando as distintas tarefas a realizar nun apiario ao longo do ano (este curso é só para persoas ocupadas; ao resto pode apuntarse quen queira).

  2. Benestar e transporte animal: Necesario para o manexo de animais nas granxas. A celebrar na última semana de marzo e primeira de abril.

  3. Xestión de pequenas explotacións: Nocións de contabilidade e trámites administrativos a realizar polos labregos e as labregas. Terá lugar na última semana de abril e primeira de maio.

  4. Enxerto, poda e manexo de plantacións froiteiras: Iniciación á produción de froita. Durante os meses de marzo e abril.

As persoas interesadas poden poñerse en contacto cos locais do SLG na Estrada (986 573 232) e Lalín (986 792 268 ).