O Sindicato Labrego Galego seguirá a loitar polo establecemento dun prezo mínimo para o leite e a modificación das actuais políticas agrarias. Queremos vivir do noso traballo.
Confírmanse as denuncias de prácticas abusivas por parte das empresas lácteas realizada polo SLG e outras organizacións. As sentenzas constitúen un paso importante no camiño de reclamación das perdas provocadas pola presión das industrias
Lactalis e Leite Río, dúas das principais empresas de recollida, están ofertando idénticos abaratamentos do leite á distribución. Pedimos á CMR que solicite unha investigación da CNMC sobre as prácticas abusivas que as industrias están a impor ás granxas
A Orde destinada ás axudas por Enfermidade Hemorráxica Epizoótica segue sen estar pública e as granxas sen poder solicitala nin cobrar por elas. É agora cando as gandeiras precisamos axuda económica para tentar compensar as perdas que estamos tendo nas granxas.