08/04/2009
O SLG insta a Núñez Feijoo a levar a cabo de xeito inminente a reunión coas organizacións agrarias que anunciou fai xa dous días
Na mañá de hoxe, Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, instou a Núñez Feijoo a facer efectiva a convocatoria de reunión coas organizacións agrarias anunciada a principios de semana e da que, até o momento, o SLG só tivo constancia a través dos medios de comunicación.
Cómpre poñer en marcha de inmediato medidas de choque que permitan a continuidade das explotacións de leite, que neste momento, atópanse en grave risco de peche ou quebra económica, xa que están percibindo 0,16€/litro namentras que os seus custes de produción rondan os 0,37€/l.
| OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG TLF: 619 348 426
|
