15/09/2020
O SLG expresa o seu pesar polo pasamento de Carmen González, loitadora en defensa da terra no País Valencià
Dende o Sindicato Labrego Galego queremos expresar o noso máis fondo pesar polo pasamento de Carmen González, labrega e activista histórica de La Punta (Valencia), que loitou durante décadas pola defensa da terra. Carmen foi secretaria de organización da COAG do País Valencià e presidenta da asociación La Unificadora, coa que a veciñanza, liderada por mulleres, opuxo unha heroica resistencia contra a tentativa de destruír 700.000 m² de terras agrarias de produción hortícola, alquerías e vivendas para construír unha Zona de Actividades Loxísticas (ZAL) ligada ao Porto de Valencia. Que a terra che sexa leve, compañeira. Seguirás viva en nós coa vida exemplar que nos legaches.
Se queredes coñecer máis do activismo de Carmen González, podedes facelo co visionado deste documental:
- https://www.youtube.com/watch?time_continue=2786&v=rPC5D9msKGo&feature=emb_title

