22/01/2021
O SLG convoca unha concentración de protesta en Melide para esixir a reapertura do mercado de alimentos
En vista de que o Concello de Melide é incapaz de sentir a máis mínima empatía pola cidadanía e polos labregos e labregas que dan vida ao mercado alimentario dominical na vila -prohibido unha vez máis coa escusa da Covid-19-, e sabendo que o peche desta forma de compravenda de alimentos incrementa a posibilidade de contaxios entre a poboación, dende o Sindicato Labrego Galego convocamos unha concentración para esixir a súa reapertura inmediata.
O acto de protesta será este domingo, 24 de xaneiro, ás 11:30 na praza do Convento, e nel respectaranse todos os protocolos sanitarios esixidos polas autoridades para evitar a expansión da pandemia.
Se queres coñecer os motivos desta acción de protesta, podes consultar os seguintes comunicados publicados días atrás:

