08/09/2008
O SLG convoca unha asamblea pública no exterior das instalacións dos CCRR para dar conta das razóns pelas que rexeita firmar o Contrato Homologado da Pataca sen prezo base mínimo.
Perante o anuncio da Consellaría do Medio Rural de firmar un Contrato Homologado para a Pataca d´A Limia sen a fixación dun prezo base mínimo, o Sindicato Labrego Galego convoca a medios de comunicación e produtores/as a unha asamblea informativa para dar conta dos motivos pelos cales rexeitamos firmar devandito contrato.
A asamblea terá lugar ás 16:30 na explanada do Instituto Lagoa de Antela, estrada N-525, A Devesa (Ourense).
Moitas grazas pela súa atención.
