21/01/2020
O SLG convoca un encontro nacional para articular a defensa contra o acaparamento de terras na Galiza
O vindeiro 8 de febreiro, o Sindicato Labrego Galego organiza unha xornada de encontro entre persoas e colectivos que están a loitar, dunha maneira ou outra, contra o acaparamento de terras. Eucaliptos, minaría, urbanización salvaxe, parques eólicos, privatización de montes comunais... Galiza leva décadas sufrindo un proceso brutal de acaparamento de terras que socava a nosa soberanía alimentaria e nos condena a ser un dos territorios con menor superficie agraria da UE. Con esta convocatoria, dende o Sindicato Labrego Galego queremos tecer redes de ideas e accións para virar esta tendencia e facer que a nosa terra volva ser o sustento vital dos galegos e das galegas, e non un coto privado para a depredación de grandes empresas.
O encontro será no local da Escola da Liga Santaballesa, en Santaballa (Vilalba, Lugo)
Se ti ou o colectivo no que traballas estades interesados en participar neste encontro, podedes solicitar máis información ou inscribirvos chamando ao 639 218 525 ou escribindo a nacional@sindicatolabrego.gal
De seguido, compartimos con vós o programa:
