Sindicato Labrego Galego Comisións Labregas

27/02/2012

O SLG colabora nas Xornadas de Economía Agraria que a Liga Estudiantil Galega organiza na USC

O Sindicato Labrego Galego colaborou coa Liga Estudiantil Galega nas Xornadas de Economía Agraria que está organizou na Universidade de Santiago de Compostela. Fíxoo coa participación de Lidia Senra, que se encargou dunha charla titulada “A soberanía alimentaria como garantía de futuro”; e da secretaria xeral do SLG, Carme Freire, que falou de “Ameazas actuais sobre a produción de alimentos na Galiza (PAC- Terra- Auga)”, o 28 de febreiro. Ao día seguinte, o 29 de febreiro, foi a quenda Xosé Ramón Cendán, que disertou sobre os OXMs nun relatorio intitulado “Os transxénicos; un negocio para quen?”.

De seguido, achegamos o programa das xornadas: 

28 Febreiro

11:30- “Inauguración das Xornadas”

12:00- “A soberanía alimentaria como garantía de futuro” Lidia Senra, Membro da Executiva Nacional do SLG

16:30- “Que medio rural para a Galiza do século XXI ?. Algunhas cuestións para o debate” Edelmiro López Iglesias, Prof. Dr. do Dep. de Econ. Aplicada, experto en economía agraria

18:00 “Ameazas actuais sobre a produción de alimentos na Galiza (PAC- Terra- Auga)” Carme Freire, Sec. Xeral do SLG

 

29 Febreiro

10:30- “Os transxénicos; un negocio para quen?” Xosé Ramón Cendán, Membro da Ejecutiva Nacional do SLG

12:00- “É posíbel o emprendemento no rural galego?” Con labregos da Comarca de Compostela e Gonzalo Rdriguez, Prof. Dr. do Depart. De Econ. Aplicada da USC e experto en Desenvolvemento Local 

16:00- “O rural galego en tempos de colapso enerxético” Xoán Doldán, Prof. do Departamento de Economía Aplicada da USC e experto en cuestións enerxéticas

18:00- “O cooperativismo en Galiza” Manuel Jordán, Prof. do Dep. de Econ. Aplicada da USC e Coordinador Científico do “Libro Branco do Cooperativismo en Galicia”

19:30- “Clausura das Xornadas”