24/03/2009
O SLG apoiará mañá en Madrid a celebración do III Mercado da Transparencia
O Sindicato Labrego Galego apoiará mañá en Madrid a celebración do III Mercado da Transparencia, acción reivindicativa coa cal se denunciará a práctica reiterada do establecemento de marxes comerciais abusivas aplicadas polas empresas multinacionais da distribución aos nosos produtos.
ROLDA DE PRENSA SINDICATO LABREGO GALEGO EN MADRID
| MÉRCORES 25 | 11:45 | Paseo de Recoletos, nas instalacións do Mercado Agrario MADRID | Intervirá Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego |
Como é sabido, estes beneficios, non regulados, implican prezos finais para os consumidores/as que multiplican o importe pagado aos produtores/as.
Mediante esta acción o SLG esixirá contundentemente, canda a Coordenadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), a elaboración dunha normativa que fixe prezos “de abaixo a arriba”, para produtores e produtoras, e que limiten dunha vez por todas as marxes comerciais coas que se están a enriquecer á nosa conta as multinacionais da alimentación.
Moitas grazas pela vosa atención.
| OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG. TLF: 619 348 426 |
