25/01/2013
O SLG apoia a manifestación do 27 de xaneiro convocada por Queremos Galego en defensa da nosa lingua
O Sindicato Labrego Galego, como membro da Plataforma Queremos Galego, apoia a manifestación do domingo, 27 de xaneiro, en Santiago de Compostela (ás 12:00 horas na Alameda), baixo o lema “Pola lingua que nos une”.
Do mesmo xeito, o SLG apoiará todas as mobilizacións desta plataforma para esixir a derrogación do Decreto 79/2010 contra o galego e a a retirada do rascuño da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), popularmente coñecida como Lei da Wertgoña, pola involución que representa en canto ao uso das linguas diferentes ao castelán, nomeadamente a galega.
