PAC2013

19/03/2010

O SLG abordará nunha rolda de debate a futura PAC2013 e as implicacións para a nosas explotacións

O vindeiro luns 22 de marzo o Sindicato Labrego Galego celebrará unha xornada técnico-sindical na que se informará das axudas da Política Agraria Común (PAC), así coma das novidades introducidas neste ano da man da reforma levada a cabo durante o ano pasado, denominada “chequeo médico da PAC”.

 

 

Analizaranse tamén as diferentes posicións existentes ao respeito da próxima PAC correspondente ao período 2013-2015, ao tempo que se dará conta da situación e configuración dos prezos dos produtos agrogandeiros a nivel mundial e a súa repercusión nas nosas explotacións.

Participarán nas xornadas a Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire Cruces; a Secretaria de Organización, Lídia Senra Rodríguez e o Coordenador de Sectores Gandeiros, Xavier Gómez Santiso.

Ás 12:30hrs a Secretaria Xeral, Carme Freire, exporá aos medios de comunicación as claves dos temas tratados na xornada así coma unha valoración do desenrolo da mesma.