Mina non

05/04/2013

O Sindicato Labrego Galego apoia a tractorada do domingo contra a minaría contaminante en Corcoesto

O Sindicato Labrego Galego apoiará a tractorada convocada pola Plataforma en Defensa de Corcoesto e Bergantiños para o vindeiro domingo, 7 de abril. A razón principal do apoio a esta manifestación é o rexeitamento absoluto do SLG ao proxecto mineiro da empresa canadense Edgewater Corporation para extraer ouro en Corcoesto polo irreversible impacto que tería o seu desenvolvemento nas actividades agrogandeiras da bisbarra.

Se queres coñecer as razóns polo que o Sindicato Labrego Galego se opón á mina de Corcoesto, preme AQUÍTractorada Corcoesto