19/07/2009
O sector leiteiro informa e reparte leite de balde en Santiago de Compostela
O pasado venres ás 17,30hrs tivo lugar unha acción conxunta de agradecemento á cidadanía compostelana, mediante o reparto gratuito de leite nas céntricas Praza Roxa e Porta Faxeira.
Mediante esta acción quixemos transmitir o noso fondo agradecemento á cidadanía por ter convivido toda esta semana coas molestias que as mobilizacións poideran ter causado, así coma corresponder á complicidade e apoio que nos estiveron achegando continuamente.




