20/07/2009
O sector leiteiro bótase de novo á rúa para esixir que hoxe en Madrid non se firme ningún acordo que estableza o prezo do leite por embaixo do que custa producilo
Na mañá de hoxe o sector leiteiro partíu en manifestación dende o recinto de Amio (Santiago de Compostela), onde fican os 2.500 tractores deprazados durante a Semana en Branco, cara a praza do Obradoiro.
Deste xeito queren deixar claro, namentas agardamos polo resultado da reunión que terá lugar esta tarde en Madrid, que non consideran un bo acordo aquel que estableza o prezo do litro do leite por embaixo do que custa producilo.






