21/06/2019
O Programa BOND e o SLG abordan cun obradoiro os atrancos ás producións labregas da normativa sanitaria
Os días 5 e 6 de xullo, o Proxecto BOND (Bringing Organisations & Network Development e o Sindicato Labrego Galego organizamos, en Compostela, un obradoiro para tratar a problemática dos atrancos que impón a normativa hixiénico-sanitaria, deseñada para grandes empresas, ás producións alimentarias labregas de escala familiar. Aínda que a mañá do venres estará aberto o público, para participar en todo o programa do obradoiro é necesario inscribirse. Tes toda a información no programa que compartimos de seguido:

