14/01/2015
O acaparamento de terras, o cambio climático na Galiza ou a preocupante situación do sector lácteo, no Fouce 305
O Fouce 305 saíu do prelo xunto co ano 2015 para dar conta de cuestións tan importantes para o noso agro como o acaparamento de terras, tratado no Parlamento Europeo en Bruxelas por 55 representantes de colectivos sociais galegos que foron invitadas pola europarlamentaria Lidia Senra; ou o cambio climático, amplamente cuberto nunha reportaxe na que afondamos nas consecuencias que este fenómeno está a ter na nosa agricultura.
Tamén poderás ler nas súas páxinas a preocupante situación do sector lácteo galego, que xunto á constante caída dos prezos achégase a un final de campaña no que, senón axusta a produción á súa cota asignada, terá que enfrontarse a unha nova supertaxa. A nova Lei de Montes, cambios de última hora na PAC, a ocupación da praza do Obradorio polas Marchas da Dignidade o 29 de novembro, a Escola de Acción Labrega, o Encontro de Mulleres da Vía Campesina en Porto ou as mobilizacións polo 25N son outros temas que atoparás neste Fouce 305, que podes descargar AQUÍ

