Sindicato Labrego Galego Comisións Labregas

11/03/2009

Novo local do SLG en Sarria

O Sindicato Labrego Galego ten o pracer de convidarvos á inauguración do noso novo local en Sarria (Lugo), sito na R/ Calvo Sotelo nº108, entrechán B, CP: 27.600 (Sarria).

A tales efectos, terá lugar un acto de presentación das nosas novas instalacións ás 21:45 de mañá, xoves 12 de marzo, ao que asistirán a Secretaria Xeral do SLG, Carme Freire Cruces, e a Secretaria de Organización, Lídia Senra Rodríguez.

Agardamos poder contar coa vosa presenza mañá pola noite en Sarria e encetarmos xunt@s esta nova xeira.