mobilización leite celta o 13 de marzo do 2008

07/04/2009

Non lle debemos nada a Leite Celta

Ao longo da semana pasada Leite Celta enviou un burofax a todos os produtores e produtoras de leite coas que traballa, solicitando que no prazo de sete días se procedera ao abono de certas cantidades económicas en concepto de “supertaxa”.

 

Dende o Sindicato Labrego Galego consideramos escandalosa a actitude de Leite Celta, que non só obvia a situación extraordinariamente delicada na que se atopa o sector, senón que mesmo se atreve a apoiarse na súa propia irresponsabilidade e descoñecemento para esixir un importe que EN ABSOLUTO DEBE, E POLO TANTO NON SERÁ, PAGADO POLAS PRODUTORAS E PRODUTORES DE LEITE QUE LLE SUBMINISTRAN O PRODUTO.

@leite celta

Mobilización do sector lácteo nas instalacións de Leite Celta (13 de marzo do 2008)

 

 

Segundo información proporcionada ao SLG por parte do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), Leite Celta debe reclamar as cantidades que constan na liquidación definitiva do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) ao Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e non as/aos produtores e produtoras.

É dicir, os gandeiros e gandeiras non teñen obriga de ingresar ningunha cantidade en concepto de “supertaxa”, xa que será o IGAPE o que se faga cargo do pago.

O único grupo de produtores e produtoras que si teñen que pagar cantidades a Leite Celta, que son os/as que na campaña 1995/1996 non tiñan asignada cota ningunha ou aquelas persoas que fixeran cesións temporais de cota (campaña 95/96).

 

 

 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON

Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG

TLF: 619 348 426