branca e negra

21/04/2009

Medidas acordadas tras a reunión mantida con gandeiras e gandeiros afectados por falsos positivos de tuberculose no gando vacún

Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG;  Adolfo Cabarcos, Responsábel de Sectores Gandeiros e Marcos Louzao, Responsábel comarcal en Tabeirós-Terra de Montes, reuníronse na mañá de hoxe n´A Estrada con gandeiros e gandeiras afectadas.

Medidas acordadas tras as reunión mantida na mañá de hoxe n´A Estrada con gandeiros e gandeiras afectadas por falsos positivos en tuberculose :

1.   Acordamos demandar do Xefe de Sanidade Animal da comarca Deza-Tabeirós que suspenda a marcaxe e o posterior sacrificio dos animais que deron positivo “dubidoso” en canto non se acade un acordo co responsable de sanidade animal do novo goberno.

2.   Realizar novas probas, dado que os/as afiliados/as denuncian que non se fixeron correctamente en moito casos, e que ademais temos constancia de que só o 0,01 dos casos de vacas dubidosas de tuberculose dá positivo na análise post mortem, o que demostra a escasa fiabilidade das probas actuais.

3.   No caso que se confirmen as vacas positivas, solicitamos que se lle dea a posibilidade ao/á gandeiro/a de elexir o típo de sacrificio (selectivo ou baleirado) e coas mesmas indemnizacións (indemnización por animal sacrificado e lucro cesante); e tamén que o baremo para indemnizar os animais sexa o mesmo que emprega Agroseguro, onde se teñen en conta, ademais da idade, tipo de animal, xenética, raza, tipo de explotación –intensiva, extensiva, ecolóxica, etc-.

4.   Solicitar outra entrevista co novo responsable de sanidade animal para xestionar esta situación, unificar criterios en todo o país, mellorar o sistema para detectar esta enfermidade e mellorar as axudas en caso de positividade.


OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON

Marcos Louzao, Responsábel Comarcal Tabeirós-Terra de Montes

TLF: 659 211 523

Adolfo Cabarcos, Secretario de Sectores Gandeiros no SLG,

TLF: 686 304 122

Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG,

TLF: 619 348 426