29/09/2009
LOITAMOS POR UN PREZO XUSTO PARA O LEITE. As mobilizacións do sector leiteiro trasladáronse a Betanzos
Ás 12:30 desta mañá gandeiras e gandeiros de Betanzos e Teixeiro xuntáronse nunha leira ubicada no cruce da N-VI en Montesalgueiro (concello de Aranga, comarca Betanzos), para levar adiante unha nova acción reivindicativa co gallo de seguir mantendo a atención sobor da grave crise que está a esnaquizar a espiña dorsal que vertebra o rural deste país: as explotacións leiteiras.
Coa vista posta no vindeiro luns día 5, no que terá lugar un cumio extraordinario de ministras e ministros de agricultura europeos en Bruxelas, o sector loita por manter a presión social co obxectivo de que nesta reunión a nosa ministra de agricultura defenda unha posición que signifique dar solucións ás demandas do sector produtor europeo:
Prezo mínimo para o leite que cubra custos de produción e remunere o noso traballo,
A redución da produción para equilibrar produción e demanda,
A redistribución da cota global europea en base a criterios sociais,
O mantemento de mecanismos de control da produción.
Nesta mobilización participaron aproximadamente 400 explotacións dos concellos de Sobrado, Curtis-Teixeiro, Vilasantar, Cesuras, Irixoa, Paderne, Vilarmaior, Monfero, Oza e Mesía, que aportaron un total de 90.000litros de leite, transportado en 11cisternas.





Vídeos das mobilizacións:
http://www.youtube.com/watch?v=mTCneM8FLfU
Datos participación proporcionados por Carme Freire
http://www.youtube.com/watch?v=Or8YH3t2q4w
Inicio esparexemento
http://www.youtube.com/watch?v=JtZXcMAgoQM
Esparexemento leite Betanzos 2
http://www.youtube.com/watch?v=71xp4PE1Rfg
Esparexemento leite Betanzos 3
http://www.youtube.com/watch?v=UkDKwOym_lQ
Saída cisternas
http://www.youtube.com/watch?v=hxNlFwi14ws
