XXIII Festival da Poesía do Condado.

04/09/2009

Lídia Senra participará mañá no XXIII Festival da Poesía do Condado

Mañá, sábado 5, ás 13:00 Lídia Senra participará, canda representantes de sindicatos obreiros, nunha mesa redonda que terá lugar no XXIII Festival da Poesía do Condado. Actualizada con imaxes.

Senra, Secretaria de Organización do SLG e Responsábel de Sectores Gandeiros na Coordenadora Europea Vía Campesina, foi a encarregada de escribir o prólogo do volume compilatorio que será publicado nesta edición.

poesía condado Lídia Senra, Secretaria de Organización do SLG,  participando na mesa redonda "Alternativas á crise" canda representantes da Confederación Intersindical Galega (CIG) e da Central Unitaria de Traballadores (CUT) .

040909