Manifestación o 16 de abril de 2009 en Madrid

17/04/2009

Histórica mobilización do sector leiteiro en Madrid

Onte, xoves 16 de abril, tivo lugar en Madrid unha masiva mobilización onde o SLG demandou a posta en marcha dun plano urxente para o mantemento das explotacións leiteiras.

Audio coas declaracións de Carme Freire.

Manifestación en MadridManifestación en Madrid - 16 de Abril

Manifestación en Madrid o 16 de abril de 2009

(*) máis fotos na galería

O SLG demandou a posta en marcha dun plano urxente para o mantemento das explotacións leiteiras: (panfleto do SLG)

1.- O prezo ten que ser o que garanta as nosas rendas, polo tanto é urxente establecer prezos que paguen o noso traballo. Mentras non se establezan as medidas anteriores, establecer dende xa os apoios económicos para evitar o peche de explotacións.

2.- Recuperación dos nosos mercados tradicionais, cun apoio decidido para a colocación do leite e lácteos galegos nos nosos mercados tradicionais. Control férreo ás empresas para evitar que metan leite de fora baixo as súas marcas.

3.- Apoio aos proxectos de venda directa e, normativa hixiénico sanitaria adaptada as explotacións.

4.- Apoio ás iniciativas empresariales de transformación e comercialización do noso leite e para os nosos mercados locais e de proximidade.

5.- Vixiancia exahustiva para que se cumpla a lexislación de protección das terras agrícolas e recuperación de terras xa forestadas para reducir a dependencia dos concentrados e abaratando custes e potenciando a produción da alimentación do gando dentro da propia explotación.

 

Ligazón á nova en A Nosa Terra:

http://www.anosaterra.org/nova/mais-de-15000-gandeiros-piden-solucions-en-madrid.html

 

Ligazón á nova en Vieiros:

http://www.vieiros.com/nova/73410/os-produtores-de-leite-toman-as-ruas-para-protestar-pola-crise-de-prezos

 

Audio coas declaracións de Carme Freire.audio logo