tratorada 17 de xuño de 2009

10/06/2009

En tractorada até: Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Vimianzo, Chantada, Lugo, Ribadeo.

Porque os prezos do leite seguen baixando e xa están por baixo dos custes de produción e porque a situación é insoportábel para as nosas explotacións.

Esiximos:

1.- Prezos mínimos que cubran custos e traballo de produción

2.- Que a Ministra do Medio Rural promova no Consello de Ministros de Agricultura da Unión Europea un cambio profundo na política leiteira para:
      a.- Eliminar o acordo tomado de aumento anual do un por cento da cota até o 2015. 

      b.- Reducir a cota global europea para equilibrar a oferta á demanda.

      c.- Redistribución do dereito a producir entre as explotacións da Unión Europea

      d.- Manter políticas de control da produción

      e.- Establecer un prezo mínimo para o leite que cubra custos e remunere o noso traballo.

3.- Que o Conselleiro do Medio Rural, habilite poña en marcha xa o tan cacarexado plan de choque, coas axudas necesarias para que ningunha explotación teña que pechar.

O día 17, súbete ao teu tractor e ponte en marcha cara algún destes puntos:

Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol,Vimianzo, Chantada, Lugo, Ribadeo.

 

 cartaz tractorada 17 de xuño de 2009

O leite é das nosas vacas, poñámoslle o prezo.

Se queremos, entre todas e todos podemos conseguilo.

 

 

 

             Prezos do Leite no Mundo. €/100 Kg. 
             
  Xan Feb MarAbr  Mai Xuñ Xul AgoSet  OutNov Dec 
 U. E. 29,59 28,84 26,57 23,74 - - - - - - - -
 USA 20,28 18,26 20,00 20,42 - - - - - - - -
 N. Zelandia 16,09 15,61 16,12 17,12 - - - - - - - -
             
             

 2009, prezos do leite no mundo

 Mentras nos USA e Nova Zelandia levan dous meses de recuperación de prezos, na UE seguimos caendo en picado. Está claro que desta volta o "Chequeo" foi efectivo.

En tractorada até Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Vimianzo, Chantada, Lugo, Ribadeo.