mans arriba, isto é un atraco

20/06/2009

Denunciamos perante da cidadanía: as multinacionais da distribución afunden o noso agro

REIVINDICANDO PODER VIVIR DO NOSO TRABALLO: Mércores 17: aos gobernos galego e español en forma de tractorada Xoves 18: diante dos xefes/as de estado da U.E. en BruxelasVenres 19: denunciando a extorsión das multinacionais da distribución.

Dende o SLG solicitamos a complicidade da cidadanía non apoiando co seu consumo ás grandes multinacionais da distribución, mudándoas polos circuitos curtos de distribución: os mercados locais, as prazas de abastos, pequeno comercio e  marcas que comercialicen só leite producido na Galiza, xa que é este o mellor xeito de apoiar ás produtoras e produtores de leite do noso País. 

Dentro das mobilizacións conxuntas programadas polos tres sindicatos agrarios (SLG, UUAA e XXAA) para reivindicar a consecución dun prezo mínimo para o leite, na mañá de hoxe tiveron lugar “visitas informativas” a multinacionais da distribución en establecementos de A Coruña (Carrefour-Alfonso Molina- e Alcampo), Santiago de Compostela (Lidl e Día) e Lugo (Carrefour e Eroski).

 

Malia que con resultado desigual nos tres puntos de mobilización, o obxectivo destas accións reivindicativas foi o reparto de panfletos informativos ás consumidoras e consumidores ao respeito da orixe do leite, dando conta da directa vinculación entre o hábito de compra de marcas brancas e a progresiva desfeita do sector leiteiro.

 

Dende o SLG apelamos a que a cidadanía non apoie mediante o consumo ás grandes multinacionais da distribución, senón que se acheguen aos circuitos de distribución curtos, aos mercados locais, as prazas de abastos, ao pequeno comercio e ás marcas que comercializan só leite producido na Galiza, xa que é deste xeito como se apoia ás produtoras e produtores de leite do noso País.

 

Ao respeito de vindeiras mobilizacións, logo de ter saído en tractorada en todo o país o pasado mércores e acudir onte a Bruxelas pra participar na tractorada europea, até que academos un prezo que nos permita vivir do noso traballo, para o Sindicato Labrego Galego a loita continúa.

 

SANTIAGO DE COMPOSTELA

LIDL

2distribución 190609

 

4distribución 190609

 

4distribución 190609

 

4distribución 190609

 

Carme Freire - 19 de xuño do 2009

4distribución 190609

 

4distribución 190609

 

 

 MERCAGALICIA

 

4distribución 190609

 

4distribución 190609

 

Diante de Mercagalicia (Santiago de Compostela)

 

4distribución 190609

4distribución 190609

 

4distribución 190609

 

4distribución 190609

 

4distribución 190609

 

4distribución 190609

 

 

A CORUÑA (ALCAMPO)

Protesta en Alcampo - A Coruña

 

Protesta en Alcampo (A Coruña)

 

 

LUGO

 

190609LUGO

 

 

190609LUGO

 

190609LUGO