lence ordes

24/05/2009

Decenas de gandeiras e gandeiros reteñen camións de recollida de Lácteos Lence en solidariedade coas explotacións "castigadas" por demandar un prezo para o leite que lles permita vivir do seu traballo

Ao longo da mañá de hoxe producíronse retencións de cisternas de recollida de Lácteos Lence en Mesón do Cabra (Guitiriz), Cardama (Oroso), Muimenta e Meira

Perante das declaracións verquidas onte polo conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, e o máximo responsábel de Lácteos Lence, Jesús Lence, ao respeito das dúas explotacións da Mariña  lucense ás que onte esta industria deixou de recoller o leite en represalia por esixir un prezo digno para o mesmo, decenas de gandeiros e gandeiras das zonas de Mesón do Cabra (Guitiriz), Cardama (Oroso), Muimenta e Meira estanse a mobilizar ao longo do día de hoxe para demandar que se establezan XA medidas para obter un prezo xusto para o leite e reafirmar unha vez máis que o problema do prezo non é unha cuestión individual, senón un conflicto colectivo. De que administracións e empresas acepten dunha vez por todas a dimensión desta problemática dependende que poidamos vivir dignamente do noso traballo.

 

 

ORDES- (parroquia de Cardama).

Accción reivindicativa e de apoio ás explotacións represaliadas por Lácteos Lence.

lenceordeslenceordes2lenceordes3