SLG Xinzo: Convocatoria Prensa para a presentación dos Cursos de Formación en Apicultura.

14/08/2014

Cursos de apicultura do SLG na Limia e Celanova

A apicultura é unha actividade labrega enormemente importante, que contribue á protección do medio a través da mellora agroforestal e axuda a manter a biodiversidade dado a polinización, polo tanto é un sector crucial na axuda ás melloras nas produccións agrícolas.

Dende o SLG estamos a levar a cabo nas comarcas da Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova varios cursos de Apicultura que contribúan a:

-  Mellorar a renda de explotacións xa existentes vía mellora das produccións ou venda do mel.

-  Incorporacións de novos mozos á actividade apícola.

-  Formación de apicultores e apicultoras profesionais que fagan do mundo das abellas a súa profesión.

-  Formación de amateurs que queiran aprender sobre o fascinante mundo das abellas e ter pequenas produccións de autoabastecemento de mel.

Polo tanto quedades convidados a rolda de prensa que convocará o SLG o 18 de agosto ás 16:00 no local do Sindicato Labrego Galego de Xinzo de Limia antes de comenzar un novo curso destinado a formación de novos apicultores e apicultoras e no que se falará tamén da situación actual da apicultura.