Curso de Fruticultura: Enxertos de verán e de inverno VILALBA - (12 horas)
Curso de #Fruticultura: Enxertos de verán e de inverno #VILALBA (12 horas), os días 9 de marzo e 7 de setembro, no horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00. Lugar: Escola de Nete Parroquia de #Nete. Datos de contacto e información: Tlf: 982 512 431 e vilalba@sindicatolabrego.gal Data límite de inscrición: 7 de marzo. Actividade financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA)
Mañá terá lugar unha segunda xuntanza co Ministro de Agricultura para xestionar as reivindicacións das organizacións agrarias. Saudamos a retirada da obriga do caderno dixital, pero advertimos inconcreción no cumprimento da Lei da Cadea
O SLG-CCLL habilitará autobuses para asistir á manifestación. As reservas realízanse contactando cos locais do Sindicato Labrego. Reivindicamos as medidas demandadas ás administracións públicas nas mobilizacións do pasado martes 20 de febreiro
Manifestacións e tractoradas en Lugo, Ourense, A Coruña, Compostela, Lalín, Ortigueira, Vimianzo, A Gudiña e Pedrafita. Entre as demandas: prezos xustos, racionalización da burocracia esixida ás granxas, cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria