COORDENADORA EUROPEA VÍA CAMPESINA

23/03/2009

Coordenadora Europea Vía Campesina. Política láctea da Unión Europea : Non queremos producir máis para gañar menos

Para evitar un desastre social e territorial, é necesario baixar a cota europea e distribuír mellor a produción, eliminar as axudas á exportación, e valorizar os modos de produción mais autónomas. «Non imos pagar pola vosa crise».

 

Hoxe, debido ás decisións tomadas pola UE dende 2003, o mercado europeo está saturado. Os produtores e produtoras venden o seu leite por baixo dos custos de produción e os máis fráxiles van desaparecer se a UE non reorienta a súa política. A reinstauración das axudas á exportación reforza un dumping inadmisíbel que nunca parou[1] fronte aos terceiros países.

 

Mentres que a cota europea xa era excedente, a UE non atopou nada mellor que aumentala, rebentando un mercado mundial florecente.

Hoxe a política de desregulación decidida en 2003 e 2008 está contradita polos feitos. Denunciarámolo e hoxe negámonos a pagar polos erros dos Ministros e da Comisión Europea.

 

O Consello Agrícola UE de hoxe, 23 de marzo, non debe esperar unha proposta da Comisión Europea para diminuír a cota láctea europea[2] : a Comisaría responsable da agricultura en efecto aínda non saíu dunha cegueira ideolóxica que a crise financeira terminou de desacreditar.

 

A Unión Europea ten que diminuír a súa cota, establecer criterios para unha redistribución da produción e garantir un prezo que remunere o traballo.

 

É importante preservar o máximo de produtores e produtoras e manter a produción láctea en todas as rexións a vocación forraxeira. O Consello debe anular a supresión das cotas lácteas prevista para 2015.

 

Non é unha nova “reestruturación”, como propón a Sra. Fischer Boel, o que solucionará a crise. Os 25 últimos anos puxeron de manifesto que a diminución moi importante do número de produtores/as non diminuíu a produción, pero intensificouna e concentrounas nas rexións con custos de produción máis baixos, en detrimento de a cohesión europea e do desenvolvemento rural.

 

É urxente que a UE non avogue por unha produción láctea demasiado intensiva e dependente de soia importada[3] . A crise climática e enerxética impón dar a prioridade aos prados, que almacenan o carbono, a unha alimentación animal local e a unha produción láctea mellor distribuída no territorio europeo, para estar máis preto dos consumidores/as.

 

Pódese evitar o desastre, a condición de cambiar a orientación actual.

 

O marco neoliberal da PAC está expirado. O marco da soberanía alimentaria, lonxe de ser un repregamento europeo proteccionista, é en primeiro lugar un cambio de prioridades.

 

Atopemos a nosa liberdade de definir a política agrícola e alimentaria europea[4] en función primeiro das necesidades europeas, sen dumping fronte aos terceiros países, e contribuiremos a solucionar as crises globais relocalizando, no caso da produción láctea, a produción de proteínas vexetais, e máis xeralmente achegando ós produtores/as aos consumidores/as, hoxe vítimas da política actual.


[1] A prima láctea desacoplada da producción decidida no 2003 non é, para a producción exportada, máis que un blanqueo do dumping.

 

[2] Pode facer un acordo político e esixir unha proposta da Comisión Europea, con acordo formal despois polo Consello.

 

[3] Iso solucionará ao mesmo tempo a problemática da soja OXM importada.

 

[4] l’ OMC fallou.

 

Moitas grazas pela vosa atención.

 

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego

 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON

Lida Senra, Responsábel de Sectores Gandeiros da Coordenadora Europea Vía Campesina

TLF: (34) 609 84 5861