caixa de resistenza

02/09/2009

CAIXA DE RESISTENZA Contribución á loita polo futuro do sector leiteiro

Os gandeiros e gandeiras de cada unha das comarcas da Galiza que están participando nas accións reivindicativas desta semana achegarán leite, de tal xeito que a cidadanía poderá seguir apoiando esta loita, desta vez mediante a súa aportación económica.

 

A loita polo prezo que exemplificaron dúas explotacións da Mariña lucense fai uns meses, supuxo o lanzamento dunha caixa de resistenza para recabar o apoio nunha loita longa e difícil na que as explotacións teñen comprometido o seu futuro.

Hoxe, continuando cas acción enmarcadas dentro da “Semana europea polo prezo do leite”, abrimos á cidadanía esta caixa de resistenza na carpa establecida na Alameda de Santiago de Compostela.